A Festa da Androlla reúne a preto de 2.000 persoas en Navia de Suarna

A esta importante cita gastronómica da Comarca dos Ancares acudiron unhas 2000 persoas que puideron degustar este afamado produto derivado do porco, un embutido que se leva facendo por estas terras dende tempo inmemorial.

Nesta 29ª edición da Festa, degustáronse 200 quilos do embutido de forma gratuíta, e vendéronse 3.000 quilos do produto a un prezo medio de 6 euros a peza. Ademais da venda de androlla, na cita gastronómica participaron 30 expositores onde se comercializaron todo tipo de produtos do país como a tradicional rosca de Navia, chourizos, queixos, morcilla, cerámica, ourivaría e produtos artesanais da montaña luguesa.

O Concello de Navia de Suarna e a Deputación de Lugo son os organizadores da Festa da Androlla, que contribúe á elaboración deste embutido na zona e a promover os produtos típicos da montaña luguesa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com