A festa da Carballeira de Fingoi xerou 5 toneladas de lixo

O operativo especial de limpeza recolleu un total de 5.020 quilos de residuos na Carballeira de Fingoi trala celebración estudantil que tivo lugar durante a pasada madrugada. A actuación, desenvolvida polo equipo de LuceLugo, deu comezo ás 07:00 horas da mañá deste xoves e logrou restablecer a normalidade no espazo en tan só catro horas, finalizando os traballos ás 11:00 horas.

A recollida realizouse de forma selectiva, o que permitiu clasificar os residuos en distintas fraccións: 1.480 kg de residuos procedentes das máquinas de limpeza viaria (+100 kg respecto a 2023), 1.200 kg de fracción resto (+620 kg), 1.580 kg de envases lixeiros (+230 kg) e 760 kg de vidro (+30 kg). En total, os residuos recollidos foron 5.020 quilos, fronte aos 5.040 quilos rexistrados na edición do pasado ano, o que evidencia unha estabilidade na contorna desta celebración.

O dispositivo contou con máis dunha vintena de profesionais e máis dunha decena de vehículos e maquinaria especializada, entre os que se incluíron dúas cisternas de baldeo mixto, dúas varredoras (eléctrica e de GNC), unha hidro limpadora de alta presión, dous camións satélite, tres triciclos eléctricos, dous vehículos Goupil e un furgón eléctrico con equipo de vapor para a limpeza e desinfección de zonas sensibles. Ademais, participaron oito peóns adicionais e tres capataces que supervisaron as tarefas desde primeira hora.

Como parte das medidas preventivas, o Concello retirou todas as papeleiras da zona e instalou contedores de 800 litros para facilitar a separación dos residuos. Tamén se realizara unha limpeza previa do campo e a súa contorna para preparar o espazo ante a celebración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com