A Fiscalía pide 4 anos de prisión para o acusado de abusar da filla menor duns amigos

O Ministerio Fiscal vén de anunciar que pedirá catro anos de cárcere para o home acusado de abusar sexualmente dunha menor – de 12 anos de idade no momento dos feitos- filla duns amigos no domicilio familiar dela.

Os feitos remóntanse, segundo a acta da Fiscalía, ao verán de 2017 cando a familia da vítima denuncia que o acusado “con ánimo de lúbrico” realizou tocamentos á menor en determinadas partes do corpo co fin de “obter satisfacción sexual”. Asemade, o enxuiciado intentou besala nos beizos en varias ocasións e pediulle á rapaza que o tocase.

O Ministerio público considera que houbo un “contacto corporal con significación sexual” pero non consentido dado que a menor “non tiña madurez mental nin formación adecuada”. Do mesmo xeito, a Fiscalía advirte das consecuencias negativas psicolóxicas que estes feitos tiveron para a vítima.

Así, o vindeiro xoves día 23 de xaneiro, terá lugar na Audiencia Provincial o Xuízo Oral a porta pechada no que a Fiscalía pedirá unha pena de 4 anos de prisión e 8 máis de liberdade vixiada ao acusado así como unha orde de afastamento de cen metros da vítima e a prohibición de comunicarse con ela durante 14 anos. Ademáis, o acusado deberá indemnizar á menor con 12.000 euros por danos morais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com