Mañá Luns día 29, a partir das oito da tarde, Lugo Monumental axudará a San Vicente a obrar o seu “Milagre”, así a fonte barroca do século XVIII, situada na incomparable praza do Campo de Lugo, manará viño tinto polos seus tres canos.
Tres homenaxes:
Durante a xornada de mañá faranse tres homenaxes a outros tantos establecementos do centro. Dende o primeiro ano que se recuperou esta fermosa tradición faise un recoñecemento a persoas que dedicaron toda a súa vida aos negocios, nomeadamen te aos de hostalería. Nesta edición farase unha homenaxe a José Luis Puga e a Mari Carmen Veiga, profesionais que destacaron sobre todo polas súas máis de tres décadas á fronte do Restaurante Bar Anda da Rúa da Cruz, un clásico da hostalería lucense.
Coincidindo con este evento, e dado que “Lugo Monumental é unha entidade modesta”, aproveita tamén este acto para entregar o título de Socio de Honra, que este ano se outorga por duplicado a: Galería Sargadelos, polos moitísimos anos de promoción cultural, intelectual e social que se desenvolveu nas súas instalacións, as cales se cederon sempre de forma desinteresada a toda iniciativa vinculada a Galicia en xeral e a Lugo en particular e a Olga Díaz Fouz,-recentemente falecida-, a popular carniceira da Praza de Abastos que dedicou unha incomparable enerxía e empuxe a loitar polo futuro da Praza.
O patrocinio do evento será por conta de VILIGA (Viños e Licores Galegos), O Faro dos Tres Mundos, Xoiería Honorino Freire, Ferraxería Do Barrio e Edicións Desdelugo; coa colaboración do Concello.
O grupo “Cantigas e Frores” amenizará a velada á que asistiran os membros da Asociación; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción dá Lingua, Maite Ferreiro, entre outras autoridades.
Xul 28, 2019 - 09:19 PM
Jijiji