A Fundación TIC duplicou esta tempada o número de visitas didácticas que achegan ao mundo do audiovisual aos escolares

A Fundación TIC rematou este venres a terceira tempada dos TICodiarios coa visita dun grupo de 25 alumnos de 1º da ESO do IES Xoán Montes. Neste curso duplicouse o número de visitas didácticas ás instalacións da TIC. En total, 1.391 alumnos e profesores de educación primaria e secundaria, divididos en 53 grupos, achegáronse ao mundo do audiovisual da man dos técnicos e docentes da Fundación.

Os participantes teñen a posibilidade de coñecer o funcionamento da televisión dende dentro e participan na produción, realización e presentación dun espazo informativo, o TICodiario, con noticias reais. Durante a visita, os estudantes reciben información sobre os ciclos superiores de Produción e Realización que imparte a Escola de Imaxe e Son de Lugo, EIS. Tralo éxito desta iniciativa, o programa retomarase en outubro cunha nova edición. Todos os centros interesados en participar poden apuntarse xa no número de teléfono 982 206 225.

Como novidade, este curso nos TICodiarios participaron 6 grupos de fóra da provincia, dous da Coruña e catro que aglutinaban varios centros participantes no programa “Xuventude Promete”. Por segundo ano consecutivo, a TIC recibiu un grupo de estudantes alemáns e outro de franceses de intercambio de dous institutos de Lugo. A estas visitas sumouse a dos alumnos sénior dos cursos do InLugo, que fomentan o uso das novas tecnoloxías entre os maiores.

A páxina web da Fundación TIC, www.fundaciontic.org, recolle os vídeos de todas as visitas e máis dun centenar de programas gravados, nas tres tempadas do TICodiario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com