A Garda Civil detén a unha persoa e investiga a outras catro por delitos de roubos con violencia en domicilios da provincia

A Garda Civil de Lugo, detivo a unha persoa e investiga a outras catro, de nacionalidade española e holandesa con idades entre os 23 e 31 anos, por delitos de roubo con violencia e intimidación, furto e estafa. Os presuntos autores dedicánbanse ao asalto de vivendas no medio rural ocupadas por persoas de avanzada idade, agredindo as vítimas para obter cartos en efectivo, cartillas bancarias e outros efectos de valor.

As actividades de investigación iniciáronse a principio do mes de xuño de 2016, cando, una madrugada, dous individuos asaltaron una vivenda no lugar de Arcilla (Cospeito), entrando por una fiestra e amenazando á víctima cun machete, obrigándolle a entregarlles os cartos que tiña na casa. Posteriormente, no mes de xullo, detectáronse dous feitos similares en Vilaboa e Pastoriza, onde os autores, empregando un modus operandi similar, chegaron a golpear as súas víctimas causándolles lesións. Ademais destes graves feitos, atribúenselle diversos furtos ao descuido e estafas, tamén en viviendas rurais ocupadas por anciáns.

A pesar do especial coidado dos autores por non ser recoñecidos, a Garda Civil desenrolou unha ampla investigación ata recabar os indicios necesarios para determinar a identidade dos autores. Coa detención do cabecilla, realizada onte na cidade, e a investigación dos seus colaboradores, dáse por finalizada esta operación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com