A Garda Civil detivo en Becerreá a un mozo de 29 anos, veciño de Samos, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, por vender ao menudeo substancias estupefacientes nas inmediacións dun establecemento de ocio da localidade. Segundo informaron fontes oficiais, con esa detención dase por desarticulado un punto de venda de drogas no concello Becerrense.
O detido, actuaba a plena luz do día tras concertar a venda destas substancias a menores.