A Garda Civil do Subsector de Tráfico de Lugo denunciou por exceso de peso a tres ambulancias.

O Subsector de Lugo da Agrupación de Tráfico da Garda Civil realizou un servizo de verificación intensiva do Transporte e peso, co fin de controlar a condutores e vehículos na zona da Mariña Lucense, entre as 09:30h e as 14:45h do día de onte, 8 de agosto, na estrada N-642 á altura dos quilómetros 34 e 39. O control realizado arroxou como resultado catro denuncias
por exceso de peso, unha denuncia ao regulamento de mercancías perigosas (ADR, transportaba lixivia ), unha denuncia por carecer de autorización de transportes, e 2dúas relacionadas coa documentación de Transportes dos vehículos inspeccionados.

Chama a atención que dos catro vehículos denunciados por exceso de peso, en tres dos casos quen infrinxían a norma eran ambulancias, que no momento de ser pesadas circulaban sin pacientes no seu interior.

Este tipo de puntos de verificación, véñense realizando aleatoriamente en todas as provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, e teñen como fin a prevención de accidentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com