Hai escasos minutos o subcomité clínico encargado de valorar as limitacións establecidas, concello por concello, e analizar a evolución epidemiolóxica da Covid en Galicia, reuníuse hoxe tras unha semana sen tomar decisións. Unha reunión da que se viña falando dada a proximidade do Nadal e a posibilidade de ampliar a apertura da hostalería ou eliminar o peche perimetral dalguns concellos.
Así, segundo está a informar nestes intres o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a cidade de Lugo relaxará estas limitacións. Así, a hostalería poderá abrir ata as 11 da noite con limitación de aforo do 40% no seu interior e 50% nas terrazas. Asemade, poderán reunirse tanto en lugares públicos como privados ata 6 persoas non conviventes. No tocante ás restriccións de mobilidade, e segundo informou o Conselleiro, seguirán vixentes ao igual que o toque de queda.