A I Carreira Popular de Montaña reunirá en Lugo este domingo a 350 deportistas

O voceiro municipal, Miguel Fernández, acompañado do presidente do Club Fluvial, Tito Valledor, presentaron este venres no Salón de Plenos a I Carreira Popular de Montaña, que organiza este colectivo o vindeiro domingo, 6 de decembro, a partir das 11:00 horas. Ao acto tamén asistiu o xefe provincial de deportes de Lugo, Manuel Cadramón, e o vicesecretario do Club Fluvial, Manuel Castiñeira. O Concello colabora con este evento deportivo posto que se enmarca na súa decidida aposta por promover as actividades deportivas ao tempo que se impulsa a cidade de Lugo.

Durante o acto de presentación, Fernández destacou a “alta calidade e o elevado número de participantes que se darán cita nesta I Carreira Popular de Montaña”, pois reunirá en Lugo a 350 deportistas. O voceiro municipal aproveitou a ocasión para subliñar a importancia deste tipo de eventos “para potenciar o noso entorno natural privilexiado”.

Pola súa banda Valledor agradeceu a participación e o apoio insitucional para facer posible esta proba ao tempo que fixo fincapé na alta participación deste evento deportivo. Neste senso tamén incidiu Cadramón, quen cualificou aos 350 inscritos como un “número impresionante de deportistas para esta primeira edición da carreira de montaña”.

A saída deste encontro será ás 11:00 horas dende o paseo fluvial, punto de chegada tamén desta carreira. A proba, cun recorrido debidamente sinalizado de 13,9 quilómetros, discorre tanto por estrada ou pistas. Haberá distintas categorías, senior masculino e feminino (ata 39 anos), veteranos A (de 40 a 49 anos), B (de 50 a 59 anos) e C (máis de 60 anos).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com