A innovación museística a debate no VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación

O Museo Provincial acolle, dende hoxe, o VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, que continuará ao longo deste venres e sábado no Museo Pazo de Tor e no Museo Fortaleza San Paio de Narla. Entre os tres días de xornadas, serán 34 as persoas ou entidades que participarán nalgunha das 6 mesas de traballo enmarcadas neste Congreso, no que a temática principal será: Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros.

A titular provincial de cultura sinalou a importancia deste Congreso no que se ofrecen experiencias e reflexións sobre a cuestión de xéneros e a educación. “O Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, é o foro idóneo para iniciar o  proceso de reinterpretación, revisión, reescritura e reformulación da definición actual de museo, aportando unha perspectiva de xénero. A finalidade do mesmo é propor ao MDPP (Comité Permanente sobre a Definición de Museo, perspectivas e posibilidades) unha ferramenta de traballo válida, transparente e igualitaria co fin de facer dos museos espazos de igualdade, colaboración e compromiso coa sociedade”.

Como novidade, a estrutura deste Congreso, cambia de formato, pois inclúe dúas conferencias inaugurais e un obradoiro, que deixarán paso ás xornadas de mesas de traballo paralelas e simultáneas. Todas elas rematarán con sesións plenarias nas que se porán en común todos os debates. O obxectivo, destas mesas de traballo son o de promover o diálogo entre os participantes de xeito guiado, coherente e crítico de cara a analizar os temas específicos de cada día.

A xornada deste xoves, comezou con dúas conferencias inaugurais, da man da profesora de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Granada, Margarita Sánchez, e continuou, co obradoiro Observando á Semente e a inauguración da exposición de Viki Rivadulla na Sala Multiusos do Museo. Esta primeira xornada, rematou co concerto Mulleres na Música, impartido por Fabiola García e acompañada por Jorge Lagunas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com