O Ministerio de Cultura e Deporte, vén de propoñer a María Xesús Lama para ser galardoada co Premio Nacional de Ensaio 2018 pola súa obra Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863). Un galardón dotado con 20.000 euros.
O xurado, reunido hoxe, elixiu esta obra por “contribuir a revisar unha imaxe tópica de Rosalía de Castro, anclada nunha visión romántica e chorosa, amosando a unha escritora lúcida, independente e defensora da liberdade, a igualdade e a xusticia social”.
Biografía
María Xesús Lama (Lugo, 1964). Estudiou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade de Barcelona en 2002 cun traballo sobre a apropiación de temas das lendas celtas e de temas propios da Bretaña pola literatura galega contemporánea. É profesora titular de Literatura Galega na Universidade de Barcelona.
Autora das obras O celtismo e a materia de Bretaña en la literatura gallega: hacia la construcción de un contradiscurso histórico de ficción en la obra de Xosé Luís Méndez Ferrí y Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)’.