As praias da Mariña contarán este ano con 18 bandeiras azuis nos oito municipios da provincia que teñen costa. Destaca Foz con 5 bandeiras para praias (as de A Rapadoira, Llas, Peizás, As Polas e Areoura) e 1 para o sendeiro que percorre o litoral do municipio.
En canto ao resto de muncipios que logran bandeira azul son: Barreiros, tres (Acantilado-Remior, Coto e Fontela-Valea); O Vicedo con dúas (as praias de Abrela e Xilloi); Viveiro, unha (Praia de Area); Burela, tres (praias de A Marosa, O Portelo e Ril); Cervo, unha (O Torno); Ribadeo, dúas (as Catedrais e Os Castros-Illas) e Xove, unha (Esteiro).