A Mariña Lucense protagonista da sexta edición da Gala Lvcvs Moda

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez e a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentaron nun acto que tivo lugar este xoves na Capela de Santa María, a Gala Lvcvs Moda 2015, que terá lugar no Círculo das Artes de Lugo, o vindeiro día 16 de abril ás 21:00 horas.

Nesta ocasión, o evento que volta a ser benéfico, está dedicado á Mariña lucense, deixando patente, unha vez máis, o apoio das institucións á riqueza natural e patrimonial da provincia e impulsando o turismo neste enclave natural.

Méndez e Polín estiveron acompañadas por Eduardo Souto, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería, Estética y Afines Pelirroja, colectivo que, tal e como fixo o ano pasado, organiza esta iniciativa, que puxeron en marcha a Deputación e Concello de Lugo cinco anos atrás.

Ambas as dúas administracións continúan colaborando e patrocinando este evento, que é de carácter benéfico, pois todo o recadado coa venda de entradas irá destinado, integramente, ao Fogar do Transeúnte da capital luguesa.

A presentación da Gala tamén contou coa presenza de profesionais do deseño, moda, artesanía e imaxe que tomarán parte no evento, cuxo interese é a razón fundamental para a continuidade da Lvcvs Moda, xa que esta pasarela tense revelado como un importante factor de xeración de riqueza e creación de postos de traballo no sector.

Na Gala Lvcvs Moda 2015 participarán 6 deseñadores: Luis Areñas; Manuel Bolaño; María Tacón; Montse Arias; Tina Cortón e Chicadecanela. As 16 firmas de artesanía de toda a provincia son: Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cestería Viva; Corazóns Artesáns; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro en Lá; Yan Llan; Paula Dimé; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla, Amalgama e Traxandaina, que presentarán os seus traballos de xoiería, cestaría, téxtil, coiro e outros complementos.

Os asistentes tamén poderán gozar do espectáculo que ofrecerán as 9 perruquerías presentes: Eduardo Souto Peluqueros; Miriam Souto Peluqueros; Mohama Peluqueros; Avalon Peluqueros; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva Peluqueros; Vanessa Martínez Estilistas e Blanco y Negro Peluqueros. Todos eles amosarán os seus traballos de maquillaxe e peiteados.

Nesta Gala Lvcvs Moda 2015 son moitos os negocios lucenses que prestan a súa colaboración, xa que supón unha imporante vía de promoción dos seus negocios. Son 10 as firmas colaboradoras: Dick&Paul; Cuplé; IES Muralla Romana; Janeiro Floristería; Lolita Blu; Lucus Piel Peletería; Marcos Peón; M&N Joyas; Messalina e Modesto Santa Eularia.

Así pois, o vindeiro día 16 de abril, ás 21:00 horas, no Círculo das Artes, os lucenses teñen unha nova cita con estes 6 deseñadores, 16 artesáns e 9 profesionais da imaxe e a estética, que atraerán a atención dos medios de comunicación, como en anteriores ocasións. De feito, os que non teñan a oportunidade de ver este gala en vivo poderán facelo posteriormente nas súas casas, posto que os alumnos de Produción e Realización da Fundación TIC gravarán integramente o evento para a súa promoción e difusión.

As entradas, que previsiblemente se esgotarán en poucos días, tal e como aconteceu en todas as edicións celebradas, poderán mercarse dende hoxe nos establecementos dos deseñadores e perruquerías participantes ao mesmo prezo que en anos anteriores: 20 euros.

Coa súa entrada, todos os asistentes recibirán un pequeno catálogo, no que poderán atopar toda a información necesaria para adquirir calquera deseño das coleccións presentes.

 

PUNTOS DE VENDA DE ENTRADAS:

Veritas Veritatis (Luis Areñas) R/ Armanyá, 5. Lugo

982 225 979

María Tacón

R/ Castelao, 59-entrechán 2. Lugo

982 231 893

Montse Arias

R/ San Froilán, 44. Lugo

982 241 820

Tina Cortón

Praza de Santo Domingo, 3. Lugo

982 251 986/653 969 617

ChicadeCanela

Avda. da Coruña, 265-267. Lugo

649 950 980

Blanco y Negro Peluqueros

R/Músico Crisanto, 16. Rábade

982 391 221

Meyva Peluqueros

R/Galicia, 51. Lugo

982 252 607

Avalon Peluqueros

R/ Santo Grial, 11. Lugo

982 203 634

Eduardo Souto

R/Galicia, 37 . Lugo

982 803 029

Meyva

R/ Galicia, 51. Lugo

982 252 607

Miriam Souto

R/ Camiño Real, 148. Lugo

982 200 345

Mohama

Praza Maior, 11. Lugo

982 223 321

O Baúl da Beleza

Avda. de Vilalba, 2. Rábade

982 391 093

Vanessa Martínez Estilistas

R/ Portugal, 61-entrechán. Lugo

982 201 753

Máis información, na web www.deputacionlugo.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com