A Masa Crítica de Lugo, movemento en prol da mobilidade ciclista, vén de cumprir dez anos. Por iso, a organización promove para mañá, 9 de xuño, unha masa crítica masiva pola cidade de Lugo con saída da Praza Maior ás 12.00 horas. A organización convida a todas as familias a participar desta ruta que rematará cun xantar comunitario (no que cada participante levará algo de comida para compartir), e que dará comezo ás 14.00 horas nas costas do Parque de Rosalía, tendo a opción de sitio cuberto en caso de choiva.
Masa Crítica de Lugo celebrará o seu décimo aniversario con música ao vivo polo que animan aos participantes a levar instrumentos musicais.