A Medalla Castelao de Xesús Mato xa conta cun libro

Xesús Mato Mato recibiu, hai agora un ano, a Medalla Castelao, pola súa traxectoria, pola súa obra e pola súa vida de entrega á igrexa, a música e ás causas sociais. As Medallas Castelao concédeas a Xunta de Galicia a aquelas persoas que se distinguen de xeito especial polo seu servizo a Galicia. A de Xesús Mato foi concedida en virtude da petición do Orfeón Lucense, do que Mato é Director emérito; a esta petición adheriuse logo o pleno do Concello de Paradela, do que Mato é Fillo Predilecto.

En total foron 2.755 adhesións as que moveron á Xunta de Galicia a esta concesión, das que 273 foron de Asociacións, entidades ou empresas. En GaliciaDigital redactaron, para gardar na memoria, a historia deste proceso, forma na que naceu o libro dixital “Unha Medalla Castelao para Xesús Mato”, que está publicado na Biblioteca Virtual de GaliciaDigital, podendo accederse a el publicamente.

No libro recóllese o proceso seguido desde a petición ata a recepción, pasando pola relación completa das adhesións de particulares, asociacións, entidades ou empresas, completándose coa concesión, acto de entrega e repercusión desta acción nos medios informativos galegos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com