A Mesa Técnica desestima o recurso presentado por López

A Mesa Técnica encargada do proceso de adxudicación das accións do CD Lugo reunida esta mañá, acordou propoñer á Xunta de Goberno Provincial que terá lugar mañá, a desestimación do recurso presentado por Gerard López e adxudicar o ditame externo sobre os proxectos deportivos a Equidad, Arbitraje y Mediación Asociación Profesional.

Dita Mesa adoptou o acordo de dar conta do ditame solicitado á Asesoría Xurídica da Deputación, que determina por unha banda, que Frisaqués S.L. está validamente constituída e ten plena capacidade xurídica e de obrar, e por outra que do mesmo xeito o licitador tamén ten plena capacidade de representación de dita empresa. En consecuencia, a Mesa proporá á Xunta de Goberno de mañá a desestimación do recurso presentado ao respecto.

Tamén propuxo a adxudicación do ditame externo sobre os proxectos deportivos presentados a Equidad, Arbitraje y Mediación Asociación Profesional, logo da negativa do Club Deportivo Lugo a facelo. Unha vez publicada dita adxudicación, abrirase un prazo de dez días para a presentación do informe.

Este procedemento fíxose público no Perfil do Contratante da deputación o pasado 13 de marzo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com