A mostra fotográfica ‘Falando en prata’ chega a delegación territorial da Xunta

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle dende a tarde de onte a exposición fotográfica colectiva Falando en prata, con 18 obras que firman outros tantos autores de distintos puntos do Estado.

A mostra, que poderá ser visitada ata o día 31 de outubro, está formada por imaxes en branco e negro tomadas e reveladas con técnicas tradicionais, que poñen de manifesto o contraste coas tecnoloxías dixitais, máis utilizadas actualmente e que presentan un proceso e uns resultados claramente distintos.

Os autores son fotógrafos de Sevilla, Valencia, Toledo, Gijón, Santander, Gipuzkoa, Bilbao, Madrid, Pontevedra, Ourense e Lugo. Os representantes lucenses son Xosé Manuel Otero, Eduardo Ochoa e Fernando Gago.

Xosé Manuel Otero é membro activo do movemento “Falando en prata”, que promove a fotografía arxéntea dende o Ateneo de Ourense en toda España e Portugal; o nome evoca ao bromuro de prata como un dos elementos químicos máis utilizados nos procesos clásicos de revelado.

Eduardo Ochoa e Fernando Gago forman parte do grupo foto-cinematográfico Fonmiñá, que promove en Lugo a Semana Internacional de Cine de Autor así como exposicións fotográficas e outros eventos culturais ao longo do ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com