Lugo será o punto de inicio da volta ciclista profesional “O Gran Camiño”, que por segundo ano traerá a Galicia o mellor ciclismo internacional e que se celebrará o vindeiro 23 de febreiro.
Coa Muralla e o Camiño Primitivo como pano de fondo, a cidade de Lugo será escenario dunha etapa, a primeira desta volta, que culminará en Sarria, punto de referencia do Camiño Francés.
O Gran Camiño serán catro etapas, entre o 23 e o 26 de febreiro, unha por cada unha das provincias galegas, sumando ao propio espectáculo do ciclismo profesional internacional a promoción do territorio.
A organización confirmou este luns a presenza na proba do considerado mellor equipo do mundo, Team Jumbo-Visma Cycling.