Reza o refraneiro que a neve de outubre, sete lúas cubre. E será verdade. O pasado mes de outubro chegaba, por adiantada, a neve ás montañas lucenses, unha neve que se repetía en decembro, xaneiro, febreiro e dúas veces en abril e que facía a súa presenza, segundo o dito por última vez no ano, nos Ancares lucenses, esta mañá, grazas á borrasca Miguel.
Unha borrasca que tamén afecta hoxe á Mariña Lucense que será testemuña de ventos de forza 8, 9 e 10 ocasionalmente con mar combinada do oeste ou noroeste e con ondas de 5 a 7 metros, polo que a Axencia estatal de Meteoroloxía, polo momento, non levantará a alerta. No interior da provincia, sen embargo, si que se esperan mellorías segundo avance o día. Aínda que as mínimas quedarán sen cambios mentras que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. As choivas poderían remitir ao longo da tarde dando mañá unha tregua, especialmente na comarca de Lugo.