A Nodal programa diversas actividades para o mes de agosto

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa diversas actividades que se celebran na Biblioteca Nodal de Lugo ao longo do mes de agosto. Entre elas destaca a exposición “Filgueira Valverde (1906-1996) un faro na construción de Galicia”, que estará aberta do día 6 de agosto o 15 de setembro.

O xoves 13 de agosto ás 12:00 h. realizarase un taller de contacontos na biblioteca. O seguinte xoves, 20 de agosto, ás 12: 00 h. na sala multiusos, realizarase unha escola de maxia onde se poderá aprender a facer trucos moi sinxelos e didácticos.

O último xoves do mes, día 27, terá lugar na sala multiusos ás 12: 00h. Un obradoiro de manualidades onde dunha forma creativa e instrutiva fomentarase a creatividade e o desenvolvemento da comprensión espacial e da motricidade.

Tanto o taller de contacontos como a escola de maxia e o obradoiro de manualidades van dirixidas a un máximo de 20 nenos e nenas de entre 4 a 12 anos. Para participar nestas actividades é preciso apuntarse antes no mostrador da sala infantil.

Doutra banda, no centro tamén levaranse a cabo varias mostras bibliográficas. No vestíbulo exhibirase a mostra “Lecturas para o verán” e na sala préstamo mostra“Viaxamos?” Ademais, realizaranse visitas guiadas para coñecer a biblioteca e os seus servizos os martes e xoves. Os mércores ofertarase formación de usuarios para aprender a usar mellor os recursos da biblioteca.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com