A noite do lume novo

Esta noite vaise producir un dos ritos ancestrais que máis celebra o noso pobo, non quere dicir isto que só se celebre  na Galiza, máis si é verdade que aquí perdurou no tempo e mantívose esta ancestral tradición.

O lume acompaña á raza humana dende o paleolítico, que semella foi cando os humanos conseguiron domesticalo, e a el dedicaron moitas celebracións. En realidade a cerimonia que se desenvolvera nas lumieiras esta noite non é outra cousa que a festa da entrada do verán, o denominado solsticio de verán que os nosos devanceiros facían para purificar o aire e tamén para axudar ao sol a ter máis forza e deste xeito  maduraran axiña as colleitas. Estas labaradas, que é outra das denominacións que teñen as fogueiras, tamén axudaban a descubrir os trasgos, diaños e outros seres maléficos que habitaban na escuridade. A denominación de Noite de san Xoán, non é máis, como tantas outros ritos pagáns, un renomeamento feito pola Igrexa Católica.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com