A nova aceleradora TurisTalent 5.0 empezará a funcionar a comezos do vindeiro ano con sede no edificio Impulso Verde, situado na Garaballa. O Goberno Local vén de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación deste programa de aceleración de proxectos empresariais innovadores no sector turístico e enogastronómico.
As empresas interesadas en concorrer ao contrato para a xestión e posta en marcha do programa, que conta cun orzamento base de licitación de 167.664 euros, terán de prazo ata o vindeiro día 16 de decembro para presentar as súas ofertas. A iniciativa enmárcase no Plan de Sostenibilidade Turística en Destino “…Et Edendo, Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía”, para o que o Goberno Local acadou 2 millóns de euros de fondos europeos Next Generation.
Esta aceleradora busca converterse nun espazo de referencia do emprendemento no sector turístico e enogastronómico en Lugo xa que permitirá identificar e canalizar todos os recursos e ferramentas do ecosistema emprendedor, tanto a nivel público como privado, co
As fases do programa
1.- Convocatoria: Esta fase discorrerá dende o momento que se lance a convocatoria pública de captación de proxectos emprendedores ata que se publique a listaxe de proxectos elexidos que participarán na Fase II: Talent Day.
2.- Talent Day: A fase de pre-aceleración Talent Day consitirá na organización dunha serie de actividades e dinámicas de grupo que permitirán avaliar as habilidades e competencias dos/as participantes.
3.- Academia: Os proxectos aprobados que sexan aceptados polo Comité Técnico de TurisTalent poderán incoporarase á aceleradora que se ubicará no edificio Impulso Verde, situado na Garaballa.
4.- Turistalent Day: Haberá un evento final para seleccionar os proxectos que pasarán á fase de aceleración.
5.- Aceleración: Tras a celebración do Turistalent Day, os proxectos seleccionados polo Comité Técnico e que acrediten os compromisos descritos nas bases da convocatoria poderán incorporarse á fase de Aceleración.
6.- Investors Day: Os proxectos que superen satisfactoriamente a fase de aceleración poderán presentar o seu proxecto ante un panel de inversores no Investors Day.