A ocupación hoteleira en Lugo acadou o 77% durante o Arde Lucus

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na cidade de Lugo durante esta fin de semana de Arde Lucus, na que se chegou de media ao 77 % de ocupación.

Os datos corroboran que nesta fin de semana a ocupación do venres foi dun 75 %, similar á de anos anteriores, e que o sábado chegou ao 98 %, o que supón un incremento de tres puntos con respecto ao ano pasado. Ademais, as pernoctacións do domingo incrementáronse de maneira importante alcanzando o 60 % de ocupación.

Os hostaleiros consultados sobre este balance coinciden á hora de afirmar que a maioría dos visitantes que estes días fixeron parada na cidade procedían de diferentes partes de Galicia e tamén do resto de España.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com