A oposición denuncia incumprimentos a Lei de Transparencia no Concello de Lugo

O voceiro do Grupo Popular no Concello de Lugo denunciaba durante a fin de semana que o goberno local volvía a “cometer o mesmo erro” no tocante á política económica municipal. Ramón Carballo criticaba o “ritmo de traballo” do goberno de Lara Méndez que “retrasa, un ano máis, a aprobación da Conta Xeral”. Así o popular lembraba que este documento, que resume os principais datos económicos da administración, chega xa fóra de tempo debido aos diferentes prazos polos que ten que pasar o documento; parte deles, deberan terse completado antes do 1 de outubro. Non ter a Conta Xeral aprobada en prazo podería pór en risco as transferencias doutras administracións así como a achega de subvencións.

Neste eido, hoxe tiña lugar no Concello a Comisión de Economía na que os partidos da oposición pretendían coñecer o estado das contas así como a situación dos contratos menores.

Tanto o PP como Cs botaban en falta a infromación sobre este tipo de contratos que se realizan nos diferentes servizos do Concello e que a Lei de Transparencia obriga a publicar periodicament. Por un lado, vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que o seu grupo quere saber cantas propostas de gasto houbo nos 1.284 contratos menores efectuados no que levamos de mandato. Tamén quere coñecer se houbo fraccionamentos, e os nomes das empresas que efectuaron os traballos. Toda esta información debería estar xa publicada pero, lamentablemente no Concello de Lugo incúmprese de forma sistemática a Ley de transparencia e a Ley de Contratos.

Os populares afirman que “non se nos pode pedir paciencia nin confianza na súa xestión. Somos conscientes de que as cousas levan o seu tempo pero, os socialistas levan anos de retraso en transparencia. É unha desfachatez que a concelleira socialista de economía se desligue do
desmadre desta área esquencendo que foron eles os autores desta desfeita e que varios seguen sentados neste goberno, mesmo unha delas é a súa xefa: a alcaldesa de Lugo”.

Por outra banda, este mesmo chamamento facía Cs esta mañá. A súa voceira, Olga Louzao, criticaba a “falta de transparencia exercida de forma continuada polo Goberno local”. Louzao acusou ao executivo dirixido por Lara Méndez de negarlle o acceso ao listado de contratos menores adxudicados polo gooberno local ao longo do último ano e impedir, deste xeito, exercer o seu labor de supervisión como concelleira na oposición. “Tralo incumprimento reiterado e intencionado da Lei de Transparencia ao longo dos últimos anos, decidimos solicitar formalmente o pasado 7 de setembro por rexistro telemática o listado dos contratos menores adxudicados ao longo dos últimos doce meses. Case dous meses logo desta solicitude o Goberno local segue sen facilitarnos a información cando dispoñen dun período máximo de cinco días para facelo. Están impedindo deliberadamente que exerzamos a nosa o labor de fiscalización e control e, o que é máis grave, nega o dereito da cidadanía a coñecer que se fai co diñeiro público”, sinalou a edila da formación laranxa.

“O acceso aos contratos menores, ao igual que moitos outros aspectos da xestión pública, debe ser de acceso libre por imperativo legal e tería que estar colgado no portal web municipal desde 2015 para que os veciños e veciñas soubesen en que se gasta os cartos públicos. En setembro de 2019 presentamos unha proposición para que se cumprise a Lei de Transparencia e o grupo de Goberno votou en contra aludindo que a súa implantación era inminente. Un ano despois seguimos sen saber nada. Ë evidente a falta de vontade política. Pola nosa banda acabáronse os actos de fe. Tomaremos as medidas necesarias e poñeremos a situación en coñecemento das autoridades pertinentes para obrigar ao Goberno a cumprir a lei”, concluíu Louzao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com