A oposición esixe que se abra expediente de municipalización da ORA

Por segundo día consecutivo, a oposición ao completo reuniuse para chegar a un acordo no tocante á gratuídade da zona ORA, gratuídade que non comparte o goberno local.

Despois dunha consulta técnica ao secretario municipal, os grupos políticos asinantes BNG, PP, ACE, Lugonovo, C’s) acordaron presentar unha iniciativa conxunta no vindeiro pleno, en relación co servizo público de regulación de aparcadoiros na vía pública (ORA), co seguinte contido:

“Dado o debate actual no que nos atopamos en relación co servizo público de regulación dos aparcadoiros na vía pública (ORA), dados os acordos adoptados no anterior pleno a este respecto e dado que estamos no momento oportuno de tomar unha decisión sobre o futuro deste servizo para camiñar cara a unha cidade máis humana e máis sustentable, é polo que os grupos asinantes consideramos de interese municipal que o pleno da corporación acorde iniciar o expediente de municipalización do servizo da ORA de acordo co artigo 97 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e facer o propio co proceso de suspensión das ordenanzas que afectan á regulación deste servizo público”. Esperan asemade, que se inicien estes procesos antes do 15 de novembro de 2015.

Pola súa banda, o voceiro popular Jaime Castiñeira, agradeceu publicamente “o consenso e a boa disposición que amosaron nesta cuestión os outros catro grupos políticos da oposición”, xa que “todos xuntos demostramos que o que nos move, por riba dos intereses partidistas, son os lucenses e poder mellorar a mobilidade e o tráfico” cara a ese Lugo mellor que todos merecemos. Castiñeira afirmou que “o PSOE, e especialmente a súa alcaldesa, sigan dándolle as costas a unha postura que comparten todos os grupos políticos e a maioría dos veciños”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com