Lugonovo, San Froilán 2018

A oposición fai balance dun San Froilán “sen innovación”

Fin do San Froilán, e  xurden entre a oposición, as primeiras aloracións das patronais lucenses. Así, Lugonovo afeou esta mañá ao goberno local a “nula capacidade” amosada polo executivo ao non corrixir algúns aspectos das celebracións patronais que levan anos sendo, en opinión de Cristina Pérez, “moi mellorables”. Entre outras cousas, a agrupación, destaca o “caos circulatorio”, o “libre albedrío” en canto a aparcadoiros e a falta de previsión na planificación dalgunhas das actuacións musicais.

“Para os visitantes, os estacionamentos disuasorios e a conexión co transporte público era algo case descoñecido”, criticaba Pérez Herráiz quen lamentou a ausencia de organización na programación e as eivas en canto a certas dotacións, “ademais de solaparse con outros espectáculos programados para a mesma hora, algo que xa ven sendo cotiá non só nestas festas senón en todas”, relataba a voceira de Lugonovo quen poñía como exemplo o concerto de Skintinght que tiveron que trasladar por falta de corrente eléctrica.

“Falando de ausencia de dotacións, o que xa nos parece de todo inexplicable é que se mantivera fóra de servizo a área reservada para persoas con mobilidade reducida na Praza de Santa María. Gustaríanos saber qué obxecto ten gardar un espazo, moi necesario por outra banda, para logo mantelo acordoado e inutilizado”, refire a portavoz quen afeou tamén que se botara da Casa Consistorial a quen, o día 5, se achegou a escoitar un pregón que, en lugar de ser no Balcón do Concello, foi no Salón Plenario.

Tamén o Partido Popular valorou hoxe esta edición das patronais e fixoo lamentando a falta de “innovación” dentro da programación dunhas celebracións que, para Antonio ameijide, non foron un fracaso “só grazas á meteoroloxía”. Os concelleiros populares  non entenden “a deixadez” socialista en todo o referente ás festas que, lamentan, este ano transmitiron “unha imaxe nefasta” tralo acontecido coas casetas do polbo. “Hai varios anos contábamos con cinco casetas e, este ano, non quedamos só con tres grazas á intervención de última hora dun hostaleiro”, lembra Ameijide quen tamén criticou á “pobre” programación deste ano e a “total despreocupación” co aseo urbano ou a “nula publicidade” dos aparcadoiros disuasorios. 

A voceira de Cidadáns, Olga Louzao, apostou no seu balance por agradecer á veciñanza pola súa participación que, asegurou, “salvaron esta festa”. Louzao tamén resaltou, na liña dos populares, a falta de imaxinación e innovación no programa e culpou ao Caudal Fest da posible rebaixa de público.

“Xa se había advertido ao Goberno Municipal que a proximidade das datas entre o Caudal Fest e o San Froilán podería restarlle importancia á segunda, e parece que así foi”, opina Louzao, “a isto tamén hai que sumarlle a falta de ideas do goberno, ao non aportar novidades con respeto a outros anos”.

54 positivos en alcol e drogas

E outro balance do San Froilán poden ser as cifras resultantes dos 139 controis que realizou Tráfico entre o día 5 e o 14 e que deron un total de 54 positivos en alcol e drogas das cales cinco condutores foron investigados pola presunta comisión dun delito contra a seguridade vial, 24 foron propostos para sanción por conducir con certas taxas de alcol no organismo e 25 presentaron presenza de drogas. Tamén se detectaron 185 condutores que superaban a velocidade máxima permitida para o tramo de vía sometida a vixilancia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com