A Organización Colexial de Enfermería difunde a toda a poboación os consellos sanitarios para o illamento domiciliario

Ante a emerxencia sanitaria desatada por mor da expansión do COVID-19 (coronavirus), moitos cidadáns, nun gran exercicio de responsabilidade, deciden permanecer en casa e non saír salvo en caso de extrema necesidade.

Mesmo sen proba diagnóstica que confirme a presenza do axente infeccioso, se unha persoa presenta síntomas debe confinarse no seu domicilio e é moi probable que non viva só. Así o explican dende a Organización Colexial de Enfermaría.

Os cidadáns deben seguir unha serie de consellos para non contaxiar ao resto de habitantes da casa e recuperarse o máis pronto posible incluso cando, como ocorre na maioría dos casos, os seus síntomas non revisten gravidade. A Organización Colexial de Enfermería deseñou unha serie de materiais informativos para afrontar a epidemia que están a chegar a millóns de persoas. A nova infografía animada ( link por se necesitas o vídeo inserir na túa web), que está ao dispor de todas as institucións, empresas, administracións públicas e entidades de toda índole, recolle as claves para afrontar a corentena en casa sen propagar a infección aos achegados ou compañeiros de piso.

“Todas as institucións sanitarias estamos comprometidos e coordinados para afrontar o maior reto sanitario ao que nos enfrontamos nunca. As 307.000 enfermeiras e enfermeiro españois loitan sen descanso -e en ocasións sen os medios de protección necesarios- para atender aos pacientes afectados. A Organización Colexial de Enfermería e o seu Consello Xeral estamos a traballar intensamente para ofrecer á poboación e aos profesionais a información máis precisa nestes tempos onde algúns indesexables se afanan en difundir bulos e noticias falsas que confunden aos cidadáns e poden supoñer un risco para a súa saúde”, asegura Florentino Pérez Raia, presidente do Consello Xeral de Enfermería de España.

Os representantes da Enfermería española queren lembrar a súa chamada á responsabilidade da poboación para que restringa as súas saídas e actividades sociais polo ben común, para evitar o colapso do sistema sanitario. Agradece ás enfermeiras e enfermeiros o esforzo e a profesionalidade da que fan gala sempre, pero que destaca nos momentos máis complicados da historia recente do noso país.

A Organización Colexial solicita á poboación, as institucións e a todas as enfermeiras a súa colaboración para distribuír os materiais informativos a través das redes sociais e os servizos de mensaxería instantánea como WhatsApp ou Telegram, o que contribuirá a que a poboación saiba como comportarse nestes momentos insólitos no que se refire ao illamento domiciliarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com