A Orquestra de Cámara Luguesa arranca en Caldiae o seu primeiro ciclo de concertos

Caldiae, a Factoría Cultural lucense que, polo momento abarca os Codex Cinema, a Sala Tebras e o Auditorium Caldiae, e que promove o talento lucense e galego en todos os ámbitos, dende o cine ata o teatro ou as artes plásticas, acollerá o primeiro concerto da Orquestra de Cámara Luguesa, presentada a pasada semana nas instalacións da factoría cultural.

Esta primeira actuación da Orquestra de Cámara Luguesa terá lugar este domingo, día 16 de febreiro, ás 19:00 horas nas instalacións de Caldiae Factoría Cultural (praza Viana do Castelo, 4). Nel, a Orquestra tocará pezas de Xoán Montes, Mozart, Andrés Gaos e Bela Bartok.

As entradas poderanse adquirir nas billeteiras do Cinema Codex (no hall de Caldiae), por un prezo de 10 euros.

Carolina Durante

Pero non todo é música de cámara para Caldiae. Dentro do seu abano de ofertas, na noite de mañá, sábado 15 de febreiro, terá lugar na Sala Tebras, o concerto dos madrileños Carolina Durante,  unha das bandas máis punkis da actualidade que recordan coas súas letras irreverentes e os seus sons a máis pura Movida Madrileña.

A apertura de portas será ás 21.00 horas e o concerto arrancará ás 22.00 horas. Dende a sala, lembran que os menores de idade deberán acompañar unha autorización asinada polo pai/nai/titor legal, así como a fotocopia do dni do pai/nai/titor, e sempre deberán ir cun adulto responsable. As autorizacións pódense descargar na propia web da sala (www.tebras.es) ou aquí.

As entradas podense adquirir na web de Wegow ou na billeteira dos Cines Codex en horario de tardes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com