Codex Cinema está de volta. A partir de este venres 30 de agosto os cines Codex regresan coas estreas dos filmes: “BONNARD, O PINTOR E A SÚA MUSA”, “ VOLVEREDES” e “ILLA PERDIDA”
“BONNARD, O PINTOR E A SÚA MUSA”, filme francés que explora a complexa relación entre Pierre Bonnard e a súa musa, Marthe, marcada pola reclusión e dependencia mutua.
Sinopse: Pierre Bonnard non sería o famoso pintor sen Marthe, a súa enigmática musa e compañeira, quen aparece en máis dun terzo da súa obra e quen, coa súa forte personalidade e misterioso pasado, inspira profundamente a Bonnard, influíndo na súa arte ata o final.
A outra estrea da semana é o novo filme de Jonás Trueba “VOLVEREDES”, unha comedia sobre o fin do amor, fresca, sensata, emocionante, quizáis a mellor película de Trueba (fillo).
Sinopse: Despois de quince anos xuntos, unha parella que decide separarse pensa en organizar unha festa para celebrar a ruptura e invitan a familiares e amigos. Malia sorpresa e incredulidade de todos pola noticia e pola festa, eles mantéñense firmes na decisión, pero sosterán esta firmeza?
E para rematar as estreas desta semana, Codex Cinema estrea “ILLA PERDIDA”, un drama romántico con misterio, protagonizado por Matt Dillon e Aida Folch e dirixido por Fernando Trueba.
Sinopse: Álex é unha muller española que comeza un novo traballo como camareira nun restaurante dunha illa perdida. Aínda que rapidamente conquista o corazón do brasileiro Enrico, Álex namórase de Max, o xerente norteamericano do establecemento. Mentres o seu amor vai medrando, aparecen inquietantes indicios dun escuro e misterioso pasado de Max.