Lugo Monumental pora aá venda a partir do luns a Compostela lucense, con esta acción, busca desenrolar na cidade unha campaña colectiva, á que “invitamos a todas as administraciónss e entidades, nas que se publicite a cidade, na que contamos con dous elementos fundamentais e pouco aproveitados:
Lugo é a Cidade do Sacramento, non esquezamos que o cáliz e a ostia do escudo de Galicia son os de Lugo, o que a converte como punto de partida ideal para alcanzar a Cidade do Apóstolo, unha peregrinación de Catedral a Catedral.
Xeograficamente é a primeira poboación que está a máis dos 100 quilómetros requiridos para lograr a cobizada Compostela (102 desde a Porta de San Pedro), o cal é un feito diferencial que nos permite explotar un recurso obxectivo que ninguén máis ten en todo o Camiño Primitivo”.
Vertente económica benéfica
Segundo Lugo Monumental ser o punto de inicio do Camiño Primitivo “é moi beneficioso para a cidade xa que o peregrino que comeza en Lugo a ruta utilizará un transporte público, o que fará aumentar a demanda de viaxeiros e mellorará o servizo. Tamén será normal que cee aquí a noite anterior, durma en Lugo e almorce. Ademais fanse compras para preparar a ruta e, de forma accesoria, se puede desarrollar toda unha industria turística e promocional en torno a isto como levan facendo outras poboacións durante anos”.
O importe da credencial (1 euro) destinaráse íntegramente a Cáritas.