pasarela N-VI Anxo Carro

A piques de finalizar as obras da pasarela peonil sobre a N-VI

A montaxe da estrutura da pasarela peonil sobre a N-VI concluirá o vindeiro luns, 3 maio, coa colocación do último treito da rampla de acceso.
Os traballos obrigarán a cortar o ramal dende esta vía en dirección A Coruña cara o centro comercial Carrefour e ata a rotonda onde se atopa a gasolineira de Galp (Avda. dos Deportes), entre as 08:30 e as 12:30 horas, aínda que a circulación se restablecerá en canto rematen os labores.
Igual que en anteriores ocasións, o Concello, que xa deu conta do aviso á Policía Local e á DXT, sinalizará as obras con conos e un cartel indicativo e habilitará desvíos para o tráfico rodado pola seguinte saída á Avenida das Américas.

Logo das obras previstas para o luns, a empresa encargada da súa construción proce- derá á colocación dos pasamáns e á instalación da iluminación así como á urbanizació e humanización dos exteriores. Esta nova dotación, que se enmarca na estratexia Dusi Muramiñae e está financiada ao 80% cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ten como obxectivo mellorar a conexión da cidade coa contorna fluvial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com