A piscina das Pedreiras reabrirá ao público o próximo día 2 de agosto

O Concello de Lugo informa que a piscina das Pedreiras reabrirá ao público este venres, 2 de agosto, logo de acometerse unha serie de labores de mantemento do sistema hidráulico no mes de xullo. Neste complexo da zona sur da cidade, levouse a cabo recentemente a modernización do sistema de climatización do vaso e mellorouse o illamento, ao tempo que se renovou e pintou a zona do ximnasio, así como pequenas melloras noutras dependecias do centro.

En total, a capital conta na actualidade con máis de medio cento de recintos municipais destinados á práctica deportiva e ao adestramento que o Concello cede gratuitamente ao tecido asociativo e sobre os que exerce unha supervisión continuada para garantir o seu bo estado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com