A Plataforma de veciños da Residencia invita a ASCORELU a unir forzas

A nova Plataforma de Veciños da Residencia animou hoxe publicamente, e por medio dun comunicado aos medios, a participar na reunión convocada para mañá por ASCORELU, a asociación veciñal que xa existía no barrio con anterioridade.
Aseguran que a única forma de traballar realmente polo barrio “é unindo forzas de todos porque a unión fai a forza”; segundo indican dende a Plataforma “é positivo” que as asociacións do barrio se reactiven “para conseguir os obxectivos comúns de facer que o barrio da Residencia volva a ser o que nunca debeu deixar de ser”.
Despois do éxito da convocatoria de concentración que convocou a nova Plataforma de Veciños da Residencia, á que tamén asistiron moitos socios da ASCORELU, aseguran que “temos que unir forzas e apoiar todas as iniciativas que se fagan para ben do barrio”.
Dende a Plataforma de Veciños da Residencia avanzan tamen que organizarán novas accións para “reivindicar que se fagan as obras pendentes no edificio da Residencia e as melloras necesarias para o barrio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com