A Plataforma en Defensa da Sanidade do Hula, reclama a gratuidade de aparcadorios e televisión

A Plataforma en Defensa da Sanidade e das Especialidades do Hula, reclama a gratuidade dos servicios, que sempre deberían de ter sido de balde:

GRATUIDADE DO PARKING DO “HULA”, que na actualidade é o máis caro ou un dos máis caros de Galicia. ALJAMIL cobra en Lugo 0.0272 cts. por minuto o que equivale a 1.632 € á hora, dende o primeiro minuto; mentres no Álvaro Cunqueiro de Vigo, a primeira media hora é gratuíta e a seguinte costa 0.90 cts. o costo das horas seguintes en Vigo é de 1 € a hora e cun bono de 8 € as 24 horas. Este é un claro desprezos da XUNTA DE GALICIA e do SERGAS con Lugo, onde ademais cedéronse á  Xunta os terreos para a súa construción, mentres que en Vigo foron adquiridos polo ente autonómico. Vigo no seu momento pediu á Xunta (incluído PP) o servicio gratuíto de parkings no Álvaro Cunqueiro.

Debemos recordar que a Federación Provincial de AA. De VV. de Lugo, ofreceu realizar as labores de mantemento de xardíns de forma gratuíta a cambio da gratuidade do parking  interno do HULA. Tamén debemos anotar que o Pleno Municipal acordou no seu momento solicitar a gratuidade do Parking.

GRATUIDADE DOS SERVIZOS DE TV NAS HABITACIÓNS DE PACIENTES E INTERNET  EN TODO O RECINTO DO HULA. Actualmente  en todas as prisións, o penado ten dereito a TV gratuíta, algo que se nega pola Xunta no HULA, polo que non o consideramos aceptable. Teñamos en conta, que na Comunidade Balear son gratuítos os servizos de TV, o PP pide gratuidade para Internet. Valencia implantará a gratuidade a partir do 15 de febreiro de 2019 Andalucía e outras Comunidades, plantexan a súa gratuidade xa a inicios do 2019. Mentres en Galicia o modelo Feijoo propugna que paguen os usuarios e veciños.

En Lugo non podemos aceptar por máis tempo estas discriminacións e ESIXIMOS tanto da Xunta, o Sergas e a Xerencia da EOXI, a anulación destes cobros  nunha provincia das economicamente máis débiles da Comunidade.

Comisión Permanente

Jesús Vázquez

Fernando Rois

José Manuel Carballo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com