A Plataforma pola Defensa da Zona Norte e a dos Veciños de Paradai denuncia que non se está a cumprir o proxecto redactado

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, apoia a denuncia formulada pola Plataforma pola Defensa da Zona Norte do Concello de Lugo e a dos veciños do barrio de Paradai, polo descontento xerado a causa dos cambios no proxecto redactado para a Ponte Paradai na confluencia coa rúa  Serra de Meira e con Duquesa de Lugo, xa que a execución da obra, no se axusta ao contido dos planos entregados aos veciños con anterioridade. Segundo a Plataforma, “isto pode provocar inundacións por trombas de auga e incrementar o risco para os automóbiles na rotonda”.

Tamén denuncian que de seguir as obras tal e como está previsto dificultará a entrada a algunhas casas da rúa Paradai. “Entendemos que os técnicos da obra, non deben de modificar os planos da mesma sen telo feito público ou  polo menos reunir á Comisión de Seguimento do Plan Paradai”.

Por elo, dende a Federación veciñal lucense, procederán a remitir escrito de denuncia de estes feitos á conselleira Ethel Vázquez e ao equipo técnico da obra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com