Cargos electos, militantes e simpatizantes de Lugonovo, plataforma cidadá que acadou nas pasadas eleccións municipais 3 concelleiros

A plataforma política Lugonovo expresa a súa preocupación polo caso Garañón

A plataforma política Lugonovo ven de manifestar, logo de que se fixése pública a noticia de que Orozco e Besteiro terán que declarar no xulgado,“a nosa preocupación polas imputacións do Secretario Xeral do PSdG-Psoe e do anterior alcalde de Lugo  Sr.Orozco, dúas cabezas visibles do socialismo galego”.

O comunicado continúa “na pasada campaña electoral Lugonovo mantivo unha postura firme con respecto ao urbanismo salvaxe que se ven levando cabo no noso Concello. O caso do Garañon é un exemplo do despropósito e lameira en que están implicados, presuntamente, membros destacados do bipartidismo que gobernou a nosa cidade”.

Engadindo “nas negociacións que recentemente mantivo Lugonovo co partido socialista para formar parte do goberno do Concello deixamos moi claro a nosa postura respecto ao Garañón, ás reponsabilidades son daqueles que deron unha licenza presuntamente ilegal, eles e so eles serán os que teñan que asumir ás consecuencias do que determinen os Tribunais”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com