A plataforma “Pro apertura da residencia comarcal de Becerreá” convoca unha manifestación o vindeiro 10 de agosto

A plataforma “Pro apertura da residencia comarcal de Becerreá”, está levando a cabo diversas acción para instar ao Goberno da Deputación Provincial de Lugo (Bng-Psoe), a apertura da residencia, que leva máis de tres anos rematada sen que nada máis se fixera; esta pendente a contratación do amoblamento e da cociña, así como o remate do centro de transformación (luz) no que traballaron a final do mes pasado.

Dentro destas actuacións está previsto realizar unha manifestación o próximo día 10 de agosto, de 11h a 13 h., dende o IESP ata o edificio da residencia. Polo que dende a Plataforma solicitan a colaboración e mobilización do maior número de veciños en apoio “desta xusta e lexitima reivindicación, en defensa do rural e de mellores servicios no mesmo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com