A Plataforma pro apertura Residencia Comarcal de Becerreá presenta unha emendas aos presupostos da Deputación

A Plataforma pro apertura Residencia Comarcal de Becerreá presentou no rexistro da Deputación de Lugo escrito para que se inclúa nos presupostos de 2024 emendas para facilitar a apertura da residencia de Becerreá o vindeiro ano 2024.

Entre elas destaca a do resumo económico no capítulo 6 “Investimentos Reais” que segundo a Plataforma “figura cunha cantidade de 16.509.844,44€. Neste capítulo no artigo 61, concepto 619 “Outros Investimentos” de rep. infraestruturas e bens destinados ao uso xeral destinase unha cantidade de 6.137.920,77€”.

A proposta da Plataforma consiste en diminuír esta partida en “1.500.000€ para traspasala ao programa de gasto 2315. Centro de Atención a Maiores, dotada esta partida con 10.937.767,79€, que deste xeito pasaría a ser de 12.437.767,79€ e engadindo ao capítulo 6, artigo 62, concepto 622, un novo concepto 6220: Subministración e mobiliario á Residencia Comarcal de Becerreá, esta cantidade de 1.500.000€ sería para a posta en marcha da devandita residencia”.

Deste xeito quedaría o capítulo 6 cun orzamento de 15.009.844,44€ e, no capítulo 6, artigo 61, concepto 619 Outros Investimentos de rep. infraestruturas e bens destinados ao uso xeral a cantidade de 4.637.920,77€.

Con estas modificacións segundo a A Plataforma pro apertura Residencia Comarcal de Becerreá, “cumpriríase escrupulosamente a Lei de Presupostos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com