A Plataforma proresidencia presentarou perante o rexistro da Deputación de Lugo candaseu escrito, solicitando formar parte da Comisión de Estudio que a Xunta de Goberno da Deputación en sesión ordinaria aprobou para o impulso e posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Becerreá.
A Comisión designada polo ente provincial, estará formada por:
Dous deputados/as delegados/as do Goberno da Deputación de Lugo. O secretario Xeral da Deputación de Lugo ou persoa na que delegue. A interventora da Deputación de Lugo ou persoa na que delegue. A xefa do Servizo de Contratación e Fomento ou persoa na que delegue. A xefa do Servizo de Recursos Humanos ou persoa na que delegue. A xefa de servizo de Benestar Social e Igualdade ou persoa na que delegue e unha traballadora social de Benestar Social e Igualdade.
Na solicitude que presenta a Plataforma, pide ademais que a Plataforma, conte tamén cun representante en dita Comisión. E solicítano “ao abeiro do disposto na Lexislación de Réxime Local vixente, e conforme ao establecido no art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e recadar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades”.
des”.