A Plataforma Sarriá polo Río acusa á CHMS de falta de rigor nas alegacións presentadas ao proxecto de reconducción

A Plataforma Sarriá polo Río, reunida na súa 69ª asemblea semanal de onte martes e tras ler os 216 folios das respostas da CHMS aos miles de alegacións ao proxecto modificado en condución de Sarria de 572 sarriaos, cualificou esta última actuación de “pouco rigorosa”

“A referencia á devandita falta de rigor non a afirmamos gratuitamente senón que abonda con ler o inicio de esta Resolución de Aprobación do Modificado na súa 1ª parte de “ANTECEDENTES” para acreditar dita aseveración. Alí, en documento público, atribúese erroneamente a interposición dunha denuncia a unha persoa que non fixo tal cousa, érrase así mesmo nas datas da devandita denuncia e négase a corrixir os erros de cálculo demostrados polos alegantes”, explican dende a plataforma.

Nestes días chegaron á casa dos sarriaos máis de 61.000 folios imprimidos a dobre cara, “pero que están baleiros de contido e argumentos. Tras aceptar unicamente unha alegación de dúas arquitectas da plataforma, outra de dous negocios da zona e unha terceira máis; e sen entrar no contido das respostas ás miles de alegacións que ao longo do próximo mes serán en boa parte recorridas en reposición ante o Sr. Pte. da CHMS, si queremos poñer de manifesto a farsante argumentación para xustificar o Proxecto Modificado alí relatado”.

Fálase de “incertezas temporais, de condicionantes da DXCN e DXPC que tería que ser previo e non posterior, ao comezo das obras e que agora a CHMS afirma que son circunstancias imprevistas imposibles de predicir. Con esa afirmación estase a recoñecer que carecían dos informes preceptivos”.

“A CHMS non fai outra cousa que poñer en evidencia á Xunta de Galicia no devandito documento pola renuncia de funcións da administración galega durante a tramitación e aprobación do proxecto de condución. O cambio nos métodos construtivos das pontes non pode ser debido a “imprevistos imposibles de predicir”, senón á posta en evidencia de que as actuacións e os métodos construtivos aprobados infrinxían a normativa ambiental. Tiveron que ser os veciños de Sarria os que substituísen á Consellería de Medio para minorar a infracción de tales leis e normativas”, conclúen.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com