Infografía del proyecto de fábrica de Altri. Infografía del proyecto de fábrica de Altri.

A Plataforma Ulloa Viva reclama apoios en Madrid e Bruxelas contra Altri

A Plataforma Ulloa Viva mantivo diversos encontros a nivel político e institucional para seguir recabando apoios na loita contra o proxecto da macrocelulosa de Altri-Greenalia en Palas de Rei.

Membros da Plataforma Ulloa Viva participaron nas distintas reunións nas que entregaron aos responsables políticos e institucionais informes técnicos acreditados dos impactos que a macrocelulosa de Altri-Greenalia tería no corazón de Galicia, a nivel socioeconómico, da biodiversidade, a auga e a contaminación ambiental e tamén os efectos sobre a saúde das persoas na contorna polos efectos dos gases contaminantes recoñecidos pola propia empresa e o Camiño de Santiago.

Asemade as voceiras da Plataforma Ulloa Viva, Marta Gontá e Zeltia Laya recibiron en Palas de Reis a unha delegación de Podemos Galicia -encabezada pola súa coordinadora nacional Isabel Faraldo- que visitaron a zona da Finca de Quintas onde Altri quere instalar a macrocelulosa e estiveron tamén con empresarios e produtores da zona.

Nun encontro cos medios, as voceiras de Ulloa Viva agradeceron o apoio de Podemos na loita contra Altri e pediron o apoio da formación en Madrid e Bruxelas, de onde o proxecto da macrocelulosa tería que recabar os fondos públicos que demanda para a súa posta en marcha e demostrar que non incumpre as directivas medioambientais da Unión Europea.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com