A Pobra do Brollón inicia o seu ciclo de cinema galego cun documental sobre recollida de tradición musical

Este sábado comeza un ciclo de cinema galego actual que organiza o Concello da Pobra do Brollón, coa proxección do filme Dorothé na vila. Este documental, dirixido por Alejandro Gándara e Olaia Tubío, baséase na musicóloga suíza Dorothé Schubart, que investigou e fixo recollida en Galicia creando un dos cancioneiros máis importantes e recoñecidos.

A proxección comezará ás 19:00 na Casa da Cultura Olga Novo. Despois, ofrecerase un obradoiro para aprender algunhas técnicas de recollida de tradición musical para que os asistentes poidan aplicalas.

Esta actividade organízase en colaboración coa Escola de Música Samoeiro coa idea de tratar de recuperar e poñer en valor parte da cultura musical tradicional da Pobra do Brollón. Será un obradoiro dinámico e orientado a todo tipo de público interesado.

A participación é gratuíta, previa reserva. Debido ás restricións de capacidade por mor das medidas sanitarias, soamente quedan unhas poucas prazas libres. O Ciclo de Cine Galego Actual é unha proposta de ocio cultural para decembro con tres películas que están de estrea neste 2020. Ademais de Dorothé na vila, inclúe as proxeccións de Reboiras. Acción e corazón (o domingo 20) e o novo filme de Zarauza, Ons, que se proxectará o domingo 27. As reservas fanse por WhatsApp no teléfono 650 624 828.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com