Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 13 dispositivos na provincia de Lugo no marco do plan de actuación específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Realizáronse 6 inspeccións nos municipios de Lugo e Quiroga desde o pasado venres ata o luns, houbo 35 persoas identificadas e tramitáronse 2 denuncias.
Os axentes levaron a cabo no conxunto da comunidade un total de 215 controis en 29 concellos, que deron como resultado 114 denuncias e 346 identificacións. Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.
As inspeccións centráronse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o cumprimento da distancia de seguridade, aforos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.