A policía denuncia a dúas persoas por incumprir a corentena sendo positivos en Covid-19

Os feitos tiveron lugar o pasado 18 de setembro cando efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio, detectaron a dúas persoas que incumprían a corentena sendo positivos en COVID-19, levantando acta de infracción á Lei de Saúde de Galicia, que establece multas de 3.005,07 a 15.025,30 euros, segundo sexa considerada a conduta no seu grao mínimo ou máximo, ordenando o illamento no seu domicilio.

Festas en vivendas particulares

Asemade, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron, na madrugada do día 19 ao 20 de setembro en tres domicilios por ruídos molestos para os veciños.

A primeira intervención produciuse ás 0,20 horas cando son comisionados pola Sala do 092 para que se trasladen a un edificio da rúa Mariña Española xa que os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda. Os policías ao chegar ao lugar escoitan música en ton alto, identificando o responsable que manifesta que está cuns amigos celebrando unha festa, sendo requirido para que cesen as molestias, o que fai ao instante, apagando o equipo de música e abandonado a vivenda un grupo de oito novos.

A segunda intervención prodúcese ás 1,35 horas nunha vivenda da rúa dos Gardas, xa que os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda.

Os axentes constatan desde o domicilio do  requirente que se escoita en ton alto música e voces de persoas que perturban o descanso, polo que se identifica ao responsable, o cal manifesta que está a celebrar unha festa, polo que se lle require para que cesamento nesta actividade, o que fai ao instante.

A terceira intervención ten lugar ás 2,50 horas en  Camiño de  Pipin, polos ruídos que proveñen dunha vivenda e que molestan á veciñanza. Os policías observan desde a rúa como as xanelas dunha vivenda están abertas, escoitándose música en ton alto e voces de persoas, identificando o responsable que tras ser requirido, cesou nas molestias.

En todas as intervencións citadas os axentes levantaron acta denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com