A pasada madrugada, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno observa como un turismo circula pola Praza de Augas Férreas marcha atrás, atravesando varias confluencias, motivo polo cal proceden a deter a súa marcha. Unha vez en contacto co condutor, un home de 26 anos de idade, decátanse de que presenta signos externos de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, motivo polo cal, por parte dos membros da Unidade de Atestados, é sometido ás preceptivas probas de impregnación alcohólica, nas que arroxa senllos resultados positivos de 0’83 e 0’79 miligramos de alcol por litro de aire expirado, motivo polo cal se instrúen as correspondentes dilixencias xudiciais, para xuízo rápido, por un presunto delito contra a seguridade viaria, por conducir un vehículo de motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas.
Media hora máis tarde outra patrulla policial procede a dar o alto a un turismo que circula por Rúa dás Artes, comprobando que a súa condutora, unha muller de 35 anos de idade, presenta signos externos claros de acharse baixo a influencia do alcol, motivo polo cal solicitan a intervención da Unidade de Atestados, cuxos compoñentes proceden a realizar as preceptivas probas para a comprobación do grao de impregnación alcohólica, nas que arroxa dous resultados positivos de 0’87 e 0’79 mg/ L, motivo polo cal se instrúen dilixencias xudiciais para xuízo rápido.
Ademais, durante a intervención, os axentes puideron comprobar que a muller carecía de permiso de conducir, xa que a mesma perdera a súa vixencia pola perda total de puntos, polo que tamén está a ser investigada, ademais de por conducir baixo a influencia do alcol, por outro presunto delito contra a seguridade viaria, por conducir un vehículo de motor carecendo da autorización administrativa correspondente.
Ambos os vehículos foron inmobilizado no lugar dos feitos, a non haber ningunha persoa que se puidese facer cargo dos mesmos.
Viandantes sen facer uso da máscara
Durante un filtro establecido para comprobar o cumprimento das medidas establecidas para a prevención do contaxio do Covid-19, axentes do Grupo Operativo Nocturno procederon a denunciar a tres persoas, entre as 23’00 e as 23’30 horas do día 4 de agosto: a primeira delas foi interceptada na confluencia da Avd. da Coruña con Curros Enríquez. Nin cara a uso da máscara obrigatoria nin a portaba consigo. As outras dúas foron denunciadas en Camiño Real, ningunha das dúas facía uso da máscara, a pesar de que unha delas si a portaba encima.
Fotografía: Control Policía Local