A policía detecta un conductor ebrio e que viaxaba coas súas tres fillas

Os feitos ocorreron durante a pasada madrugada, cando efectivos do Grupo Operativo Nocturno da  Policia Local de Lugo estableceron diversos  filtros de seguridade viaria en diferentes vía da cidade, detectándose un condutor que circulaba pola avenida da Coruña acompañado das súas tres  fillas de entre 3 e 7 anos, presentando signos de inxerir bebidas alcohólicas.

Foi sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,42 mg/ l, o que supón unha multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Así mesmo tanto o condutor como outra persoa que os acompañaba no asento do copiloto, non utilizaban o cinto de seguridade correctamente abrochado, polo que foron tamén denunciados con multa de 200 euros e ademais supón para o condutor a retirada de 3 puntos do permiso de conducir.

Asemade comprobouse que o vehículo tiña a ITV caducada, polo que tamén foi sancionado o titular do vehículo con 200 euros. Os axentes prestaron especial atención á situación das nenas, comprobando que se achaban en bo estado e estaban tranquilas, requirindo a presenza dun taxi para que fosen trasladadas ao seu domicilio, quedando o vehículo inmobilizado.

Controis de velocidade

Durante o día de onte estableceuse un control de velocidade na Rolda do Carmen, vía onde se detectou un incremento da  siniestrabilidad por altas velocidades, sendo controlados 143 vehículos e sancionados 20 condutores, levando 8 denuncias a retirada de entre 2 e 4 puntos do permiso de condución, sendo a velocidade máis alta detectada de 86 km/ h nunha vía limitada a 50 km/ h.

Fotografía: Imaxe cedida pola Policía Local de Lugo

 

Novas relacionadas

  1. Cojo Manteca 34
    Xuñ 19, 2020 - 12:54 AM

    Pongo video de Milagritos https://t.co/AjIcxFtzY1 . Siempre me traen a la misma además, una pobre muj… https://t.co/rkMU0HnOSb

    Reply
  2. Cojo Manteca 34
    Xuñ 19, 2020 - 12:50 AM

    Unos andan con el 3 y los otros con el 4 por mi os podéis dar por el culo todos.# chicle/cascociberné… https://t.co/wsmJU5KtPa

    Reply
  3. Cojo Manteca 34
    Xuñ 19, 2020 - 12:50 AM

    Los otros la pusieron hoy de Milagritos de Torrente delante mia en la Fuente de los Ranchos. Rojo inm… https://t.co/4UkZtzdUv4

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com