Os axentes tiveron coñecemento a través de redes sociais da convocatoria dunha KDD de vehículos no polígono industrial de As Gándaras, estableceuse un dispositivo especial no que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio da Unidade de Atestados do Corpo, co emprego de vehículos policiais camuflados e rotulados, interceptando varios vehículos coas seguintes infraccións:
– DÚAS denuncias por non someterse o vehículo á inspección técnica periódica no prazo debido.
– Circular o vehículo sen que conste que o seu propietario teña S.O.A.
– Establecer unha competición de velocidade na vía pública sen estar debidamente coutada.
– Circular co vehículo entre o ocaso e a saída do sol sen levar acendido a iluminación de curto alcance ou de cruzamento.
– Efectuar un cambio de sentido da marcha sen advertir o seu propósito ao resto dos usuarios cos sinais preceptivos, sen a antelación suficiente.
– Conducir de forma neglixente.
– Conducir utilizando manualmente o teléfono móbil suxeitándoo coa man.
– Conducir o vehículo apuntado cun permiso ou licenza de condución cuxa vixencia venceu.
Así mesmo interceptouse un vehículo cuxo condutor CARECÍA de permiso de condución por PERDA DE VIXENCIA POR PERDA TOTAL DE PUNTOS, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.
Tamén se realizou control de alcoholemia, sorprendendo a un condutor que presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,48 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizándose o vehículo.
Así mesmo denunciouse a este condutor por non realizar o curso, tendo condena xudicial inferior a dous anos.
Unha vez finalizada a KDD establecéronse diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectándose na Avenida de Ramón Ferreiro a condución temeraria dun vehículo, observando que o condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,01 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, comprobando ademais que o titular non presentara o vehículo a ITV no prazo debido, abríndose expedientes sancionadores con multas de 700 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, ademais da condena penal que consiste en prisión de 3 a 6 meses ou traballos en beneficio á comunidade ou multa e en todo caso coa privación do permiso de condución de 1 a 4 anos.
Fotografía: Policía Local de Lugo