A Policía Local de Lugo presenta 398 denuncias por exceso de velocidade

A Policía Local de Lugo presentou 398 denuncias por exceso de velocidade na campaña que desenvolveu desde o 29 de outubro ata o 18 de decembro, antes das datas do nadal, co fin de vixiar e garantir os límites de velocidade nas rúas da cidade “e, polo tanto, protexer a seguridade cidadá”. Ademais, pretenden “concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade á establecida nas vías”. Os filtros de seguridade viaria, que se estableceron especialmente en viarios limitados a 30 km/h, fixéronse utilizando un coche policial dotado de cinemómetro.

Nestes dous meses, os axentes controlaron a 6.397 vehículos e a velocidade máxima detectada foi de 106 km/h. As

denuncias supuxeron a retirada dun total de 205 puntos dos carnés de conducir.

A Policía local de Lugo sostén, asemade, que o exceso de velocidade incide desfavorablemente na seguridade viaria, sobre todo nos usuarios máis vulnerables como peóns e ciclistas. Tamén, que unha velocidade inadecuada é determinante no aumento de accidentes de circulación e na gravidade das lesións.

Como dato determinante, lembra que, segundo a Organización Mundial da Saúde, o impacto dun vehículo a 50 km/h contra un peón eleva o risco de falecemento ata o 80%, mentres que unha velocidade de 30 km/h a porcentaxe redúcese a un 10%.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com