Efectivos da Policía Local levantaron onte 5 actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia a cinco persoas que transitaban pola vía pública sen facer uso da máscara de protección. Os feitos tiveron lugar onte como consecuencia dos diferentes filtros de seguridade para o control do cumprimento das normas da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia sobre medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria da Covid 19.
Así mesmo os axentes sorprenderon a 9 persoas que incumprían a prohibición de entrada e saída do termo municipal de Lugo, sen acharse incluídas en ningunha das causa de excepción que establece o Real Decreto 926/2020. Todas estas persoas foron denunciadas por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, levando aparelladas multas de 601 a 30.000 euros. Tamén denunciaron a 5 persoas que incumprían as condicións dispostas para a permanencia de grupos de persoas en espazos públicos, limitadas a persoas conviventes. A todas estas persoas propúxose para sanción por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, coas mesmas sancións que as anteriores.